A ciencia demostrou que o envellecemento diminúe a eficiencia mental e que a perda de memoria é a principal queixa, na área cognitiva, entre os adultos maiores”, indicou Sandra Bond Chapman, autora principal do estudo. “Esta investigación mostra o beneficio tremendo do exercicio aeróbico sobre a memoria das persoas, e demostra que o exercicio aeróbico pode reducir as consecuencias biolóxicas e cognitivas do envellecemento”, engadiu.
Para o estudo, un grupo de adultos sedentarios con idades entre 57 e 75 anos dividiuse de xeito aleatorio entre os que tiveron instrución física e os de control, postos en lista de espera.
O grupo de actividade participou en exercicios aeróbicos supervisados nunha bicicleta estática ou unha finta de correr durante unha hora, tres veces por semana, doce semanas. O nivel cognitivo, o fluxo sanguíneo cerebral en estado de repouso e a aptitude cardiovascular dos participantes avaliáronse antes do comezo do réxime de exercicios, a metade de camiño nas seis semanas, e despois de completada a instrución ás doce semanas.
Os maiores, e entre eles os de máis idade que fixeron exercicio, mostraron melloría no desempeño da súa memoria e tamén un fluxo sanguíneo maior no hipocampo, a rexión do cerebro afectada polo mal de Alzheimer.
Chapman apuntou que, mediante a toma non invasora, de imaxes do cerebro, identificaronse os cambios antes que a melloría da memoria, o cal implica que o fluxo sanguíneo cerebral é unha medición prometedora dos avances na saúde do cerebro.
Fonte: laregion.net