Inicio

 

14-04-2014 Ourense, referenza do envellecemento activo e da confraternidade entre xeracións

  • A XI Xornada Interxeracional de Ategal reuniu a máis de 200 persoas maiores e xóvenes
Máis de 200 persoas maiores e xóvenes participaron en Ourense na XI Xornada Interxeracional que organizaron os alumnos (todos eles de 55 e 92 anos) das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal) e o alumnado das facultades de Traballo Social e Educación Social da Facultad de Ciencias da Educación do Campus de Ourense. Nela participaron tamén nenos de entre 8 e 10 anos do Colexio Salesianos ,a Asociación de Discapacidad de Ourense (ADO) , a Escola de Tempo Libre Universitaria do Campus de Ourense (ESTOU) e a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE).

A XI Xornada Interxeracional “comezou fai xa 11 anos por casualidade”, explica a coordinadora de Ategal en Ourense, Marisa Justo, que matizou que “todo sordeu despois de representar unha obra de teatro dun dos nosos grupos de alumnos de Ategal na Universidade”. “Alí, vendo a gran interactividade que tivemos coa xente xove”, continúa, “nos planteamos facer algún tipo de encontro, que comezou de forma humilde e creceu moitísimo; agora con gran apoio”, ata chegar ao once aniversario en 2014, cumprindo con creces os obxectivos que marcaran o comezo: “a recuperación de xogos tradicionais, integrar á Universidade na vida da cidade e viceversa, pero sobre todo, fomentar o aprendizaxe persoal, a motivación pra vivir de forma activa e positiva e potenciar as relacións interxeracionais, demostrando ante todo os seus beneficios individuais -tanto para a xente maior coma para a xuventude-, colectivos e sociais”

O vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación, Xosé Manuel Cid, explica que  nesta edición ampliouse a participación da xornada coa implicación dos alumnos de Traballo Social e se lle deu un maior impulso ao incluila como unha das actividades da Semana de Promoción Social da Universidad do Campus de Ourense. Cid celebra que estas xornadas sirvan para “trasladar á xuventude a vida dos maiores e viceversa, rompendo barreiras e estereotipos, fomentando o coñecemento da vida da gente de outras xeracións, compartindo distintas formas de ve-la vida” e, especialmente, matiza, “estos encontros serven de ferramenta moi útil para interactuar, confraternizar os maiores cos xóvenes” e cumprir con obxectivos como “a integración da vida universitaria na cidade e a recuperación da cultura e os xogos populares e a súa transmisión á xente xoven”.

FONTE: www.nosotroslosmayores.com



Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es