A nova edición do salón Galisenior contará este ano coa presenza do centro ourensán Neuroburgas, empresa especializada na rehabilitación neurolóxica a través dun tratamento integral para persoas que sofren patoloxías deste tipo. Os membros de Neuroburgas participarán nesta edición organizando charlas e actividades orientadas aos maiores, entre as que se atopan as charlas “logopedia en pacentes con afasia” e “estimulación cognitiva”, un obradoiro de de aprendizaxe de exercizos activadores do corpo, e clases de pilates.
Neuroburgas está formado por un equipo de traballo multidisciplinar que ten por obxectivo ofrecer un tratamento integral as persoas que sofren una patoloxía neurolóxica. Dende a fisioterapia neurolóxica evalúan e tratas a persoas que teñen problemas de movilidade, de equilibrio e de postura provocados por patoloxias por patoloxías ou lesiónsno sistema nervioso, como pode ser o alzheimer, ictus, esclerose múltple, ACV, paralise cerebral infantil, etc. Traballan tanto con nenos coma con adultos. Dende a Terapia ocupacional capacitase ás persoa para que na súa cotidianidade , vestido, alimentación, compras, uso de transporte, etc., alcancen a maior competencia posible, trantando de compensar as súas disfuncións.
Neuroburgas conta entre as súas especialidades coa terapia cognitiva e a neuropsicoloxía, co obxectivo de aportar un tratamento integral a quen padece alguna lesión do sistema nervioso central. Empregan técnicas de psicoloxía clínica e neuropsicoloxía, interpretan exames neurolo´xicos e psiquiátricos. Tamén empregan técnicas neurofisiolóxicas, de neuroimaxe e bioquímicas. Analizan a relación entre alteracións cognitivas e o dan cerebral para determinar o que se pode recuperar ou rehabilitar.
Ademáis, os visitantes poderán descubrir máis cousas acerca deste centro e os seus tratamentos no stand que terán no pabellón de Expurense, lugar onde se celebra o salón.
ENLACE: www.neuroburgas.com