SECOT é unha asociación sen ánimo de lucro, os seus voluntarios son os Seniors, socios de pleno dereito de SECOT, profesionais xubilados cualificados, prexubilados ou en activo, con espírito altruísta, que desexan ofrecer a súa experiencia e especialización en xestión de empresas aqueles que o necesiten.
Os seniors asesoran de forma confidencial analizando, ofrecendo diagnóstico e propoñendo accións para o desenvolvemento de negocios.
As suas actuacións consisten en asesoramento aos xoves emprendodores, persoas en risco de exclusion social, pequenas empresas, entidades sen animo de lucro e colaborar en programas de cooperación internacional para o desenvolvemento. Con estas accións permiten fomentar a creación de emprego, permitir a persoas xubiladas e outros voluntarios ofrecer a sua experiencia na xestión empresarial, ser un foro de pensamentos e debates sobre temas de interese para maiores e asesorar a pemes entre outras.