Inicio

 

14-05-2014 As actividades de Galisenior demostran cómo vivir máis e mellor

  • >> A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou esta mañá en Expourense indicando que Galicia é pioneira en envellecemento activo

    >> Máis de 150 profesionais e representantes do asociacionismo asistiron ás xornadas técnicas centradas na detección precoz da dependencia e na posta en valor do papel activo dos maiores na sociedade

Ourense, 14/05/2014.- Promover un envellecemento activo e saudable, fomentar a autonomía personal, retrasar a dependencia e poñer en valor o papel que xogan na sociedade. Con estes obxectivos abriu as súas portas Galisenior 2014 da súa novena edición que xa recibiu a visita de milleiros de maiores de toda Galicia (procententes de Betanzos, POntedeume, Lugo, Vigo ou A Coruña, ademais de toda a  provincia de Ourense) que participaron activamente no salón nos obradoiros que promoven actividades para vivir máis e mellor.

A novena edición do Salón Internacional das Persoas Maiores, unha cita única en Galicia, foi inaugurada esta mañá pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o presidente do comité executivo de Expourense, Celso Barbosa, entre outras autoridades. Durante a súa intervención Mato fixo referencia a que “Galicia foi nomeada en 2013 pola Comisión Europea, Rexión de Referencia en Envellecemento Activo e será unha das primeiras comunidades autónomas en aplicar o Índice de Envellecemento Activo para o deseño das novas políticas públicas destinadas aos maiores”. Trátase dun índice que mide factores esenciais para un envellecemento activo, como a relación coas novas tecnoloxías, o emprego ou a relación coa contorna. Para rematar, a conselleira puxo en valor a feira Galisenior, “un espazo para o intercambio de experiencias e para a difusión dunha imaxe dos maiores libre de estereotipos. Un evento que converte á cidade de Ourense por uns días no referente estatal da xerontoloxía”. 

Entre as actividades que tiveron lugar hoxe destacou a homenaxe que Galisenior e Expourense quixeron facerlle ó recenemtente falecido Dr. Indalecio Vidal Iglesias, presidente da Asociación Galega de Maiores, ASOMAGA, e membro activo do comité asesor do salón. 


Xornadas Técnicas Profesionais

Máis de 150 persoas asistiron aesta primeira sesión das Xornadas Técnicas de Galisenior 2014 nas que participan 35 relatores de España e Portugal. A conferencia inaugural correu a cargo do Fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, que falou sobre a incapacitación das persoas maiores como medida de prevención facendo referencia a que os servizos sociais deberían ser “un traxe a medida” das necesidades de cada persoa que teña unha discapacidade, que ésta debe ser tratada non como unha enfermidade que precisa de rehabilitación médica, senón que precisa rehabilitación social para que mellore a súa autonomía persoal.  Tamén indicou que, dado que na provincia de Ourense non se dispón de fiscal en cada concello, é necesario que sexan os servizos asistenciais os que estean atentos ás situacións nas que os maiores poidan necesitar protección e acudan entón á fiscalía.

Na xornada de hoxe tamén se falou de empoderamento social e do papel dos maiores na sociedade e foi presentado o 26º Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que terá lugar en Pontevedra os días 20 e 21 de xuño e versará sobre o envellecemento en positivo.

Xa pola tarde celebraranse dúas mesas redondas, unha sobre investigacións en persoas maiores realizadas na Universidade e outra sobre avaliación e detección do deterioro cognoscitivo en Galicia. A sesión de hoxe rematará coa presentación do Programa de Maiores da Universidade de Vigo-Campus de Ourense.

Galisenior está a servir de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de quen a padece como do que exerce de coidador. Comeza así unha cita que durante dous días servirá de punto de encontro dos maiores, as súas familias e os profesionais que traballan neste eido.

ACTIVIDADES PARA MAIORES

Polo que se refire ás actividades, Galisenior presenta toda unha oferta, con máis de 80 opciónss diferentes. O programa está orientado a fomentar a adopción de hábitos saudables e preventivos, así como a introducir aos visitantes en novas fórmulas de lecer ou ampliar os seus coñecementos sobre novas tecnoloxías. Están centrados nas principais afeccións dos maiores de Galicia centradas na estimulación do corpo e da mente. Galisenior ofrécelles ademais a posibilidade de achegarse ás novas tecnoloxías e de compartir tempo e espazo con outras xeracións. A principal novidade desta edición é o Concurso de Cociña Saudable, aberto aos afeccionados maiores de 60 anos que se celebrará esta tarde. Tamén se impartiron por primeira vez catas de viños, obradoiros de Mindfulness, de neurobic, etc.

O horario da feira de mañá xoves será de 11.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h. Tanto a entrada á feira como a participación nas actividades para maiores son gratuítas.





Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es