Inicio

 

02-07-2014 Conclusións do XXVI Congreso Internacional da Sociedad Galega de Xerontoloxía e Xeriatría en Pontevedra.

  •  Como xa se infromara na web, os pasados días 20 e 21 de xuño celebrouse o XXVI Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría en Pontevedra. As conclusións máis relevantes do encontro foron as seguintes...  

. Vivir máis e en mellores condicións é sen dúbida o maior reto dos países desenvolvidos. Unha vez conseguido o primeiro reto da "cantidade" de recursos, é o momento de avogar pola súa calidade, medianteservizos sociosanitarios especializados en dar atención a colectivos homoxéneos con necesidades de actuación específicas.

. Sabendo a relevanica da actividade física ten na prevención do envellecemeto. implementáronse programas efectivos, que dende unha abordaxe bio-psico-social, sexan sostibes no tempo e asumibles dende o punto de vista económico e social.

. É posible reducir as cargas do envellecemetno cognitivo patolóxico e da demencia co control dos factores de risco modificables. Especial mención merecen neste sentido os avances que se están levando a cabo na enfermidade do Alzheimer e outros procesos neurodexenerativos, así como a súa detección precoz.

. A afectividade constitúese un piar básico para o desenvolvemento da persoa e o mantemento da súa calidade de vida.

. Especial relevancia ten o proceso de envellecemento nas persoas con discapacidade intelectual. Situación que preocupa aos colectivos implicados e que debéramos de tener en conta como unha prioridade das sociedades científicas de xerentoloxía e/ou xeriatría.

. A innovación é un elemento primordial na búsqueda de un sistema que permita tanto o establecemento do elemento preventivo sobre o asistencial, como a racionalidade económica e solidaria coas futuras xeracións. Mostrouse a oportunidade para a innovación no envellecemento activo e a vida saudable. Innovación e investigación van ad man, polo que debería de haber máis transparecia de resultados dende a investigación á sociedade.

. A atención pechada na persoa constitue un bo enfoque para a boa praxis profesional na atención xerontolóxica e/ou xeriátrica.

Fuente: www.sgxx.org



Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es