Inicio

 

23-10-2014 As catro capitais galegas acollerán unhas xornadas sobre Avaliación Cognitiva e Neuropsicoloxía nas personas maiores

  • A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría pretende mellorar a formación do colectivo encargado da valoración do estado psicolóxico da terceira idade

As catro provincias galegas  acollerán una serie de xornadas formativas sobre Avaliación Cognitiva e Neuropsicoloxía en Personas Maiores, organizadas pola  Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. A primeria destas citas será o vindeiro 30 de outubro, a partires das 16,00 horas nas instalación da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, e conta coa colaboración do Master Interuniversitario en Psicoxerontoloxía da Universidade compostelá. A inscripción é aberta e gratuíta para os socios da entidade galega.
 
As Xornadas estarán coordinadas polo vogal de Psicoxerontoloxía e profesor dá Universidade de Santiago de Compostela, David Facal e irán dirixidas aos socios desta Sociedade, así como ao público xeral tendo como obxectivo homoxeneizar os protocolos de avaliación a fin de que todos os profesionais falen unha linguaxe común.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. O prazo de inscripción para a primeira das xornadas remata o 29 de outubro.

Resto das citas

A segunda das xornadas  sobre avaliación cognitiva e neuropsicolóxica terá lugar en Pontevedra o vindeiro 27 de novembro. A Ourense chegarán dous meses máis tarde, tras o parón do nadal, o 29 de xaneiro de 2015. A última das citas será en Lugo, o 26 de febreiro do vindeiro ano.

Para matricularse na primeira das xonadas dirixirse á web da Sociedade Galega de Xerontoloxía, ou a dirección: http://www.sgxx.org/xornadas/xornada-scq.htm





Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es