Inicio

 

08-04-2016 Primeira reunión do comité asesor de Galisenior 2016

  • >> As xornadas técnicas versarán sobre a fraxilidade dos maiores

    >> O salón volve contar coa implicación de Administración, empresas, Universidade, colexios profesionaiss e asociacións vencelladas co Benestar dos maiores

A prevención de situación de fraxilidade nos maiores será o eixo sobre o que xire a 10ª edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense o días 25 e 26 de maio. Esta foi a principal conclusión da primeira reunión do comité asesor da feira celebrada esta semana en Santiago de Compostela e durante a que se perfilaron os temas que se van abordar nas xornadas técnicas profesionais e tamén nas actividades dirixidas aos maiores. 

Na súa 10ª edición, Galisenrio volve contar co apio de todos os axentes sociais involucrados na mellora da calidade de vida e benestar dos maiores como é o caso da Administración, das empresas do sector, da Universidade, de colexios profesionais e das distintas asociacións de maiores.  A esta primeira reunión do comité acudiron representantes da Consellería de Política Social, da Universidade de A Coruña,  da de Vigo e da ATEGAL, dos colexios profesionais de Traballo Social e de Educación Social, de empresas especializadas no sector como Caser, de Cruz Vermella, da Asociación Diabética Auria e da SECOT.

XORNADAS TÉCNICAS PROFESIONAIS

As xornadas téncicas profesionais abordarán o tema da fraxilidade dos maiores dende unha perspectiva multidisciplinar, Estes serán os bloquestemáticos definidos polo comité sobre os que xirarán estas actividades: 

- Prevención de situacións de fraxilidade en persoas maiores que viven soas.
- Apoios técnicos baseados en novas tecnoloxías e teleasistencia avanzada.
- I+D+i en fraxilidade: adestramento físico multicompoñente e intervención nutricional.
- Mellora da calidade de vida “Circuítos saudables”.

Serán complementadas con obradoiros prácticos sobre Musicoterapia Xerontolóxica, Mobilización de persoas con afeccións neurolóxicas ou Terapias con Animais.
Galisenrio é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 25% da demografia galega, ás súas familias e aos profesionais que traballan neste sector. Este salón servirá de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de quen a padece como do que exerce de coidador.




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es