Inicio

 

19-04-2018 Center Life – Terapias Alternativas incorpórase como expositor a Galisenior 2018

Center Life – Terapias Alternativas súmase ao proxecto Galisenior e participará por primeira vez no Salón Internacional das Persoas Maiores que se celebra en Expourense os días 9 e 10 de maior. Center Life conta  é un centro ourensán especializado nas terapias naturais que leva máis de 20 anos colaborando con pretixiosos laboratorios de cosmética natural. Ofrecen terapias que buscan harmonizar o conjunto Mente - Corpo – Espírito e que son empregadas como complemento da medicina convencional.

En Galisenior ofrecerán unha mostra dos seus productos naturais e tamén da apartoloxía que empregan para os seus tratamentos. Farán demostracións da efectividade de cosméticos de alta gama: Annemarie Borlind, Neoderma, Hovan, Girzi Line… Ademais, tamén faran demostracións das súas terapias e masaxes como por exemplo reflexoloxía podal ou masaxe drenante, circulatorio, anticelulítico…

Center Life está especializado tamén en beleza integral e ofrece tratamentos faciais específicos de: hidratación, rexeneración, "lifting sen cirurxía" con efecto desde a primeira sesión, manchas, anti acné, rosácea, couperosis… Ofrecen ademais masaxes relaxantes anti celulíticos, deportivos, enerxéticos e reafirmartes. 

Contan cun extenso catálogo de servizos de beleza e benestar dende a manicura e pedicura, ata a permanente e tinte de pestanas ata innovadores tratamentos para a calvicie.
 
Máis información en: https://center-life.es/ . Enderezo físico: Galerias Xesta, Calle Ramón Cabanillas, 5 - Local 6. Ourense.




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es