Inicio

 

24-04-2018 O Colmado Loxística Social incorpórase a Galisenior 

O Colmado Loxística Social, confirma a súa presenza por primeira vez en Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 9 e 10 de maio.

Ubicada en Vilar de Santos, esta empresa está adicada a chegar a cada recuncho da Limia para levarlles “A Compra” aos veciños. Obxectivo que adaptaron da idea orixinal nacida hai xa catro anos no rural castelán.

Son unha empresa que, en colaboración co supermercado Eroski-Center ofertan, a través do seu servizo de loxística, a posibilidade de que todas aquelas persoas que o solicitaren poidan recibir na súa casa a súa compra semanal. Ben simple, a compra na casa ao prezo do súper.

Máis información en www.ocolmado.com




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es