Clínica Naturista Xoan XXIII súmase ao proxecto Galisenior e participará por primeira vez no Salón Internacional das Persoas Maiores que se celebra en Expourense os días 9 e 10 de maio. O obxectivo será presentar a nova gama de Forever Living Products, líder mundial na comercialización de Aloe Vera e da que é delegada en Ourense a responsable desta clínica, Anna Luisa Rodríguez, unha profesional con dilatada experiencia e varios másters en Saúde Natural, Nutrición ou nutrición celular activa, ente outros.
A Clínica Naturista Xoan XXIII é un centro ourensán ubicado na rúa homónima especializado nas medicinas alternativas, na saúde natural holística e no tratamento da dor con métodos naturais.
Están especializados en:
Homeopatía
Osteopatía
Acupuntura
Par Biomagnético
Terapia Sacrocraneal
Biorresonancia Cuántica
Test de Intolerancias Alimenticias
Estimulacion Periferica Craneal
Sinterxética
Tecarterapia
Holoenerxética