Inicio

 

26-04-2018 Galisenior contará un ano máis coa Federación de Pensionistas CCOO de Galicia

A Federación de Pensionistas CC.OO. de Galicia, confirma a súa presenza un ano máis en Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 9 e 10 de maio.

A Federación de Pensionistas CC.OO. de Galicia, con sede en Ferrol e con asociados por toda a comunidade, contará cun stand dende o que dar a coñecer as campañas que promoven e as actividades que realizan ao longo do ano demostrando que seguen en activo na loita polos dereitos dos traballadores. Ademais, mobilizarán aos seus asociados para que participen no programa de actividades que Galisenior 2018 ten preparado para todos os visitantes á feira.






Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es