Inicio

 

30-04-2018 As Aulas do Programa de Maiores da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense na Universidade Vigo participarán un ano máis en Galisenior

As Aulas do Programa de Maiores da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense na Universidade Vigo participarán un ano máis en Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 9 e 10 de maio.

Mobilizarán aos seus alumnos para participar nas actividades de Galisenior e tamén contarán cun stand onde promoverán as campañas e accións que realizan ao longo do ano. O ccordinador destas aulas é o profesor Alberto Vaquero, quen é tamén presidente do comité asesor de Galisenior 2018.

O Programa de Maiores é un proxecto educativo dirixido á poboación maior de 55 anos que pretende favorecer a súa incorporación á vida universitaria a través de programas de formación paralelos ás ensinanzas regulamentadas

As persoas matriculadas no Programa de Maiores do Campus de Ourense poderán participar en actividades lúdicas: excursións, obradoiros, coro, aula de teatro, visitas culturais, roteiros… Ademais, teñen a consideración de alumnado da Universidade de Vigo para poder gozarr das instalacións deportivas, culturais e de extensión universitaria propias da Universidade e dos seus descontos.

Máis información en: http://vicou.uvigo.es/es/alumnado/programa-de-mayores




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es