Cerca de 2.000 coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia poderán formarse ao longo de 2013 en accións formativas no marco do programa -Xuntos nos coidados- da Consellería de Traballo e Benestar. Trátase dun programa de formación non formal e apoio aos coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia con pleno dereito recoñecido, posto en marcha en 2010 e que a finais deste ano haberá beneficiado a cerca de 9.000 persoas en 345 accións formativas.
A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, indicou que, en concreto, no primeiro semestre do ano o departamento autonómico levou a cabo 36 cursos de formación básica para persoas coidadoras non profesionais, formando a cerca de 900 alumnos.
No segundo semestre do ano se levarán a cabo as accións formativas de carácter especializado, dirixidas a coidadores informais de persoas con demencias, estando previstas a realización de 32 accións formativas especializadas en 32 localidades diferentes, cos que se prevé formar a un total de 800 alumnos.
Asi mesmo, neste ano 2013, na línea de seguir potenciando o programa e co obxetivo prioritario da garantía duns coidados de calidade como eixe das súas actuacións, a Consellería tamén levará a cabo accións formativas dirixidas a coidadores informais de persoas con enfermedades crónicas, e neste sentido prevése levar a cabo 9 accións formativas para formar a un total de 225 persoas coidadores.
Piñeiro recordou que o departamento autonómico puso en marcha este programa en 2010, ademáis de elaborar o manual básico de formación para as persoas coidadoras non profesionais, a -Guía para coidados no contorno familiar-, o -Manual especializado para os coidadores de persoas con demencia-, o -Manual especializado para persoas coidadoras de persoas con enfermedade mental- e o -Manual de formación para os coidadores non profesionais de persoas con enfermedades crónicas-, garantizando a calidade dos contenidos formativos e o seguemento duns criterios homoxéneos en tódala Comunidade.
Ao mesmo tempo, as persoas coidadoras dispoñen, dende o ano 2011, en colaboración coa Consellería de Sanidade, dun apoio continuo de atención telefónico aos coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia a través do teléfono 902 400 116 que ten como obxetivo prestar información e solucións ás situacións sanitarias non urxentes, sobre: coidados asistenciais, características das probas médicas, prevención e hábitos saúdables, centros e servizos sanitarios e apoio psicológico.