Trátase dun novo recurso de apoio domiciliario dirixido ás persoas maiores e/ou persoas con perda de capacidade funcional e/ou cognitiva, que nace froito da teleasistencia clásica, apoiándose no seu desenvolvemento nos grandes avances da tecnoloxía da información e as comunicacións.
¿Que servizos ofrece Telexerontoloxía?
A Telexerontoloxía ofrece unha ampla gama de servizos do ámbito sociosanitario que van dende a prevención da enfermidade ata a intervención sobre a deterioración cognitiva e o seguimento de pacientes mediante a determinación de parámetros biomédicos a distancia.
Algunhas das funcionalidades da Telexerontoloxía son: tele-estimulación cognitiva, rehabilitación por vídeo e contidos estáticos, navegación por internet, especialista na casa e determinación de parámetros biomédicos e telealarma.