Inicio

 

08-04-2014 Benestar apoia o uso da tecnoloxía para mellorar a calidade de vida dos maiores

  • A primeira edición da xornada Ticsenior concluiu que as TIC ofrecen múltiples vantaxes no eido da autonomía personal

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou as ventaxes que as novas tecnoloxías poden aportar ás persoas maiores, na inauguración da primeira edición da xornada Ticsenior, en Santiago.

Mato explicou que o envellecemento activo contribúe á saúde frente aos malos hábitos que supoñen o sedentarismo, permite aos maiores coñecer e manter relación con persoas de distintas xeracións, así como intercambiar coñecementos, aportando valor á sociedade coa súa experiencia e aprendendo a súa vez do dinamismo dos xóvenes.

Así, recordoe que en 2013 a Comisión Europea nombrou a Galicia rexión de referencia do envellecemento activo, especialmente no apartado de novas tecnoloxías, ademáis de tratarse dunha das primeiras comunidades en aplicar o Índice de envellecemento activo, unha ferramenta que mide diversos factores esenciais.

A titular de Benestar apuntou que o feito de que os maiores participen en actividades de voluntariado permite mellorar  a súa vida comunitaria e a súa calidade de vida con melloras na saúde física, mental e na autopercepción da saúde.

Marcando obxectivos
Ticsenior 2014 é unha iniciativa organizada entre a Consellería de Traballo e Benestar e Feuga, coa colaboración de Gradiant e outras instituciós como as tres universidades de Galicia e Secot, entre outras.

Algúns dos obxectivos do encuentro foron: contribuir ao coñecemento sobre necesidades e situación actual tanto dende as institucións coma de centros de innovación e empresas en relación a esta materia; constituir un foro permanente de “Voluntariado e calidade de vida do maior” reunindo a todos os actores posibles participantes no mesmo e facerlles chegar toda a información dispoñible; crear grupos de traballo multidisciplinares en entornos tecnolóxicos e de empresa, dispostos a abordar proxectos de innovación para abordar proxectos conxuntos de desenvolvemento de produtos e servizos basados en tecnoloxías TIC; e establecer as bases para un futuro congreso internacional, cuxa sede se situaría en Galicia, que constitúa un punto de referencia de innovación orientada ao desenvolvemento de produtos e solucións conectadas col voluntariado, o envellecemento activo e mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Actuacións da Xunta
O voluntariado para persoas con Alzheimer, con 14 integrantes, mellora a sensibilización e o coñecemento desta enfermidade e ofrece apoio ás persoas que o sofren, así como as súas familias e coidadores.

No ámbito do voluntariado dixital, Mato explicou que se “trata dunha ferramenta colectiva composta pola solidariedade e o compromiso dunha gran cantidade de voluntarios individuais”. É un programa desenrrolado por Benestar en colaboración coa AMTEGA que conta na actualidade con 340 voluntarios e preto de 80 entidades, grazas ao que se chega a máis de 4.300 beneficiarios.

Por outro lado, Beatriz Mato apuntou que as TIC ofrecen múltiples vantaxes no eido da autonomía persoal e son un dos soportes sobre os que se asenta a Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia, que consta de 400 medidas e constitúe a folla de ruta a seguir ata 2020.

No departamento autonómico desenvólvese varios sistemas avanzados en materia de teleprevención, como é o caso dos sistemas Mi-Avizor, Sam TV e Telegerontología. El Mi-Avizor está composto por sensores inalámbricos no fogar que xa están instalados en 227 viviendas; Sam-TV é unha plataforma de axuda á dependencia que funciona a través da televisión; e Telegerontología é un sistema informático que se manexa a través dunha sinxela pantalla táctil e unha conexión a Internet.

FONTE: www.entremayores.es



Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es