Inicio

 

27-05-2014 Galisenior 2014 acada un índice de satisfacción superior aos 8 puntos sobre 10

Logo de analizar os datos desprendidos das enquisas de satisfacción realizadas a expositores, visitantes e asistentes ás xornadas técnicas profesionais, a novena edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, acadou unha nota media que supera os 8 puntos sobre 10. Este dato supera o obtido na edición anterior.

Os 59 expositores cos que contou a feira valoraron o salón cun 7,60 indicando ademais que o 84% deles ten intención de repetir a súa presenza en Galisenior na  vindeira edición que se celebrará en 2016. Entre os aspectos máis valoradors polo expositores destacan a atención do persoal, a rapidez administrativa, o aparcamento ou a calidade das instalacións de Expourense.

Polo que se refiere aos visitantes, máis de 5.000, os datos das enquisas de calidade realizadas desprenden que a valoración xeral da feira é dun 8,66, sendo os aspectos máis valorados a calidade dos expositores, a calidades das actividades programadas e o estado das instalacións do recinto feiral. Maís dun 70% deles teñen intención de visitar a vindeira edición.

Se facemos referencia ás xornadas técnicas profesionais, contaron coa participación de 35 relatores de España e Portugal e foron seguidas por máis de 300 asistentes. A valoración xeral destas xornadas acadou un 7,9 e os aspecto máis valorados foron as instalacións , a calidade das exposicións e o interese dos temas abordados. O 95 % manifestou a súa intención de volver asistir a xorndas semellantes organizadas en Expourense e o 94% asistirían de novo a charlas sobre temas vencellados ó sector do maior.




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es