Inicio

 

18-04-2016 O periódico Entre Mayores participará como expositor en Galisenior 2016

  • >> Esta publicación, especializada nos maiores e nos profesionais da xerontoloxia, contará cun espacio dentro do salón no que se dará a coñecer aos visitantes.

Pouco a pouco vaise pechando a lista de participantes da décima edición do Salón Internacional das Persoas Maiores, Galisenior, que se celebra en Expourense os días 25 e 26 de maio. Nesta edición volverá a estar presente o periódico Entre Mayores, un dos medios de comunicación especializados do sector de gran referencia na comunidade galega. EM “entremayores” conta ademais con outras tres edicións autonómicas:  País Vasco, Castela e León e Andalucía onde se recolle a información de cada unha das provincias en particular, e de todos os proxectos rexionais en xeral.

EM “entremayores” é un periódico de tirada nacional especializado en ofrecer información ás persoas que superan os 55 anos de idade, os profesionais implicados na atención e cuidado do colectivo, e as empresas do sector sociosanitario. Esta publicación ten como finalidades dar solución aos retos que plantexa o envellecemento da poboación, promover o desenvolvemento dunha sociedade para todas as idades e fomentar a autonomía persoal e o envejecimiento activo y saludable de este heterogéneo grupo social.

Baixo estes principios, EM naceu fai quince anos cunha clara vocación social: se-la voz e o vehículo de comunicación dos máis de 13.200.000 persoas maiores de 55 anos que viven en España, defendendo os seus dereitos e establecendo un canal informativo aberto e directo cos responsables de xestionar as políticas sociais dirixidas a eles e cos empresarios do sector, promotores de novos recursos asistenciais adicados á mellora da súa calidade de vida. Para cumplir estes obxectivos apostan por unha liña editorial baseada na información seria, rigurosa e veraz, rompendo os estereotipos asociados á vellez e posicionando ás persoas maiores nun lugar destacado da xerarquía poboacional; principios que mantiveron ao longo de toda a súa traxectoria e que logrou posicionar a EM como unha das cabeceiras de referencia.

Representantes das administracións públicas e entidades privadas, empresarios do sector, sociedades autonómicas de Xeriatría e Xerontoloxía, asociacións de maiores, sociedades científicas, universidades de maiores, obras sociais, profesionais que integran o sector sociosanitario e socioasistencial, colaboran estreitamente coa súa labor informativa. As súas páxinas tamén inclúen tribunas de opinión que recollen as voces de diferentes actores implicados nestas áreas sobre os temas máis actuais, o que os convirte nun medio plural e independente, no que todos os que traballan polo benestar do maior teñen cabida.




Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es