Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores que se celebra en Expourense os días 9 e 10 de maio contará coa colaboración da A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.
Terán un stand no que darán a coñecer as campañas vixentes para mellorar a calidade de vida dos maiores como é o caso do Programa “Benestar en Balnearios 2018” que ofrece 679 prazas para gozar dos centros termais de Galicia ou o Programa de “Respiro Familiar” para coidadores de persoas en situación de dependencia.